lunes, 14 de diciembre de 2015

O NOSO CORPO

Como sabedes nestes dous últimos meses estivemos a voltas co corpo humano.  Aprendemos un montón de cousas a través de charlas de varias mamás,  dos libros que os nenos/as trouxeron, videos, obradoiros dos sentidos coa profe Rosi e a través nosa propia investigación e exploración.
Este é o resultado de todo o aprendido:






















domingo, 13 de diciembre de 2015

XOVES MATEMÁTICOS

Durante este trimestre realizamos os xoves, coa axuda da profe Blanca,  uns pequenos obradoiros onde as protagonistas foron as matemáticas.
Formábamos cada xoves catro equipos e cada nen@ acudía a un obradoiro.
Os catro obradoiros eran:
- Numeración: traballamos os números,  asociar a cantidades,  contar cara diante e cara atrás,  número anterior e posterior.
- Lóxica: como eles dicían, para pensar.  A través de distintas actividades,  problemas e xogos resolvemos situacións.
- Series: traballamos a formación de series por medio de xogos e a nosa propia imaxinación.
- Figuras xeométricas: traballamos as distintas figuras a través da manipulación e memoria.

Foi moi divertido e productivo. O próximo trimestre repetimos.










martes, 8 de diciembre de 2015

O NOSO CORPO: A VISITA DE LUCÍA

O pasado xoves 3 de decembro,  coincidindo ademais co Día Internacional da Discapacidade, visitounos Lucía a mamá de Aroa.
Ela traballa no centro de discapacidade Ricardo Baró. A visita chegou no momento idóneo, xa que durante esa semana estivéramos realizando coa profe Rosi varios talleres sobre os sentidos.  Lucía nos explicou que alí viven persoas con algúns dos seus sentidos afectados. Falamos todos e lle fixemos moitas preguntas.
Finalmente vimos dous vídeos moi chulos onde comprobamos como era a vida destas persoas no centro.
Foi un pracer, gracias Lucía! !!!!














jueves, 26 de noviembre de 2015

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Nós tamén conmemoramos este día falando do tema, de que usar a violencia ou enfadarse cos demais non soluciona ningún tipo de problema.
Inventamos un lema dos que nos gustan,  dos que riman.
SOMOS UNHA PIÑA CANDO TENDEMOS A NOSA MAN AMIGA.











martes, 24 de noviembre de 2015

QUIMIONS

Me he sumado de forma particular a esta iniciativa creada para el hospital Materno Infantil de A Coruña.
Seguro que much@s la conocéis o habéis oído hablar de ella.
Se trata de realizar bolsas de fieltro de superheroes para los sueros de las quimioterapias en niñ@s.
En clase les conté algo a los peques y les pedí que dibujaran princesas, príncipes y superheroes. A partir de algún dibujo hice alguna bolsa.
Aún os podéis sumar a la iniciativa que termina el 30 de noviembre.



ESTAMOS DE VOLTA! !!!

Despois dun mes de desconexión creo que xa empezan a funcionar as tecnoloxías de novo.
Intentarei ir colgando pouco a pouco as distintas actividades realizadas neste tempo.
Desculpade.

miércoles, 11 de noviembre de 2015

ACTUALIZACIÓN DO BLOG

NOS PRÓXIMOS DÍAS ACTUALIZAREI O BLOG.
A CAUSA DESTE ALTO NAS ACTUALIZACIÓNS SON DIVERSOS PROBLEMAS COA SUBIDA DE FOTOS CO MÓVIL.
DESCULPADE AS MOLESTIAS.