Gustaríanos moito criar a PAPILIO MACHAON, coñecida como BOLBORETA
DO FIUNCHO, chamada así por alimentarse as
súas eirugas desta planta. O interese
por estes vermes reside en que son relativamente fáciles de atopar no
noso contorno e permitiríanos seguir desenvolvendo actitudes de respecto
hacia o medio natural. Por todo isto pedimos a vosa axuda, si ides dar
un paseo polo campo e vedes algunha planta de fiuncho comprobade se ten
pequenas eirugas, de ser así, agradeceríamos que cortedes o cacho de
planta na que estean algunhas delas para que as poidamos criar.
Hai unha páxina que ten un montón de información e unhas bonitas fotos
sobre estos animais (PICADE AQUÍ PARA VELO)
Esta nota a enviamos o último día antes das vacacións cun trociño de fiuncho. Como ese día faltaron varios nenos/as non puideron levar este pequeno recadiño.
Pero hoxe xa nos trouxo Telmo un oviño aínda sen eclosionar. A ver si temos sorte e podemos ver todo o proceso. Tamén Aroa o encontrou, a ver si vai medrando algún dos dous.
De momento non naceu nada, ohhhhh!!!!
¡¡Gracias!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario