miércoles, 23 de octubre de 2013

PREPARATIVOS DO SAMAÍN

Estamos preparando esta semana distintas actividades relacionadas co Samaín. Algunha seguro que xa vola contaron porque foi moi divertida ¡¡¡¡¡PINTAMOS COS PÉS!!!!! e pronto veredes o resultado.

Estades traendo cousas chulísimas e "terroríficas" para adornar o cole. ¡¡Parabéns!!

Tamén vimos un conto titulado "Corre, corre cabaciña" e escoitamos a canción que nos gustou moito. Aquí vos deixo o conto e o xogo lim sobre el:

CONTO: "Corre corre cabaciña"



A canción podédela buscar en Youtube. Poñedes "canción corre corre cabaciña" e xa é primeira que aparece. Non a poño aquí porque non a deixa copiar.

XOGO LIM



Tamén podedes ver, practicar e cantar varias cancións de Samaín que iremos escoitando na clase ao longo de estas semanas:

















Outra canción que podedes buscar no Youtube é "Samaín 09" que é outra canción destas datas de Mamá Cabra.

O que tedes a continuación son xogos e actividades para facer cos nenos/as sobre esta festa (no blog dos nosos compis de 3 anos B tedes outro xogo de Samaín chulísimo):











1 comentario: