lunes, 24 de marzo de 2014

VISITA MAMÁ XIANA

Cando traballamos os elefantes aprendemos que eran MAMÍFEROS porque nacían do ventre da súa mamá igual que nós. Agora que estamos a traballar sobre os poliños aprendemos que son OVÍPAROS, é dicir, que nacen de ovos que poñen as súas mamás.
Así que aproveitando que a mamá de Xiana está embarazada e a punto de dar a luz recibimos a súa visita para que nos explicara como era eso do embarazo. Tamén nos trouxo unhas fotos (ecografías) do bebé dentro da barriga que vimos na pantalla. Distinguimos perfectamente os ollos, boca, nariz e mans de Lois. Ata vimos como sonreía.

Gracias Mónica, esperámosche de novo cando naza o bebé.



No hay comentarios:

Publicar un comentario