martes, 22 de abril de 2014

A BOLBORETA DO FIUNCHO

Gustaríanos moito criar a PAPILIO MACHAON, coñecida como BOLBORETA DO FIUNCHO, chamada así por alimentarse as
súas eirugas desta planta. O interese por estes vermes reside en que son relativamente fáciles de atopar no noso contorno e permitiríanos seguir desenvolvendo actitudes de respecto hacia o medio natural. Por todo isto pedimos a vosa axuda, si ides dar un paseo polo campo e vedes algunha planta de fiuncho comprobade se ten pequenas eirugas, de ser así, agradeceríamos que cortedes o cacho de planta na que estean algunhas delas para que as poidamos criar. Hai unha páxina que ten un montón de información e unhas bonitas fotos sobre estos animais (PICADE AQUÍ PARA VELO)


Esta nota a enviamos o último día antes das vacacións cun trociño de fiuncho. Como ese día faltaron varios nenos/as non puideron levar este pequeno recadiño. 
Pero hoxe xa nos trouxo Telmo un oviño aínda sen eclosionar. A ver si temos sorte e podemos ver todo o proceso. Tamén Aroa o encontrou, a ver si vai medrando algún dos dous.



De momento non naceu nada, ohhhhh!!!! ¡¡Gracias!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario