lunes, 23 de junio de 2014

MATERIAL PRÓXIMO CURSO

Como sabedes, xunto coas notas mandámosvos a lista de material para o próximo curso.



Algunhas aclaracións:
  • Non pedimos libros de texto nin cadernos, todo o material será elaborado polas mestras.
  • Dalgunhas cousas especificamos a cor porque o material será para compartir e así asegurámonos de que teremos todas as cores posibles.
  • Cartolinas de cores.- Necesitamos as de tamaño A-4 para a fotocopiadora pero para outros traballos son mellores os blocs
  • Non temos ningún tipo de relación personal nin comercial con ningún fabricante de material escolar, si especificamos as marcas dalgúns materiais é, unicamente, porque son os que nos están dando mellor resultado este é o caso dos ROTULADORES, cos dalgunhas marcas os resultados son peores e incluso aos nenos rompelles a ficha con facilidade.
  • Un dos lapis que pedimos segue a ser triangular pero diferénciase do que temos este curso en que é máis delgado.
  • O tamaño da lámina de goma eva que nos interesa é máis ou menos o dunha cartolina.
  • O papel de cociña, de poder ser, preferimos o que vén marcado para cortar en anacos que son a metade do que é habitual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario