lunes, 23 de junio de 2014

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

¡¡Xa están aquí as vacacións!!



A nosa principal recomendación é que ¡disfrutedes do verán!, como?:

- Ide á praia e xogade coa area, facendo camiños, nomes...
- Aproveitade para lerlle contos.
.- Xogade con eles e desfrutade facéndoo agora que hai máis tempo libre.
- Falade moito con eles e atendede as súas dúbidas.

Pero tamén ... procurade adicarlle un tempo cada día para que non esquezan todo o que aprenderon ata agora:

- Debuxar libremente con distintos materiais (ceras, rotuladores, pinturas, xices...).
- Recortar cos dedos diferentes tipos de papeis.
- Lerlles contos todos os días.
- Aproveitar todas as circunstancias para traballar as matemáticas: subir escaleiras numerándoas, contar pinzar, xoguetes..., poñer a mesa contando os cubertos, identificar números en contos, xogar ao dominó, mirar o día no calendario...
- Aproveitar o bo tempo e o aire libre para perfeccionar o seu dominio corporal ( correr, saltar, andar en bici, patinar...).
- Aproveitar viaxes en coche para xogar a "veo, veo", "palabras que empecen por a,e, i"...
- Manter os hábitos traballados: vestirse sós, recoller os seus xoguetes, comer sós,....

Desfrutade moito deste tempo e calqueira dúbida poderei aclarala a través do blogue ou do correo electrónico: alvarinasgomez@edu.xunta.es

Felices vacacións!!!
Vémonos en setembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario