miércoles, 3 de junio de 2015

O RECUNCHO DOS ALIMENTOS

Na recta final do curso introducímonos nun pequeno proxecto sobre os alimentos.
É importante que os nenos/as tomen conciencia do esencial que é para a nosa saúde levar unha dieta sana e equilibrada, facer deporte, estar ben aseados e durmir as horas axeitadas á nosa idade.
Estamos a realizar distintas actividades nas que coñecemos distintos tipos de alimentos, distinguimos entre alimentos de orixe vexetal e animal, clasificamos alimentos segundo o animal do que procedan, "cociñamos letras" de distintas palabras, facemos a lista da compra e collemos os alimentos da froitería, carnicería, peixería e panadería, subimos ao supermercado do noso cole "Hiperfaro", elaboramos o noso menú ideal e saudable, poñemos a mesa, facemos series coa cubertería, xogamos ao 3 en liña dos alimentos.....
E gracias ás vosas aportacións estamos elaborando o "ABC dos alimentos".
E, por suposto, aprendemos distintas cancións divertidas sobre a alimentación, algunha seguro que a recordades....




 (Aquí tivemos un pequeno lío ao escribir e mesturamos os alimentos, pero á hora de colocar fixémolo moi ben).

















E agora a cantar!!!!!










No hay comentarios:

Publicar un comentario