viernes, 19 de junio de 2015

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN



A nosa principal recomendación é que ¡desfrutedes do verán!, como?:
- Ide á praia e xogade coa area, facendo camiños, nomes...
- Aproveitade para lerlle contos.
- Xogade con eles e desfrutade facéndoo agora que hai máis tempo libre.
- Debuxade xuntos as paisaxes ou lugares que visitedes.
- Falade moito con eles e atendede as súas dúbidas.
Pero tamén ... procurade adicarlle un tempo cada día para que non esquezan todo o que aprenderon ata agora:

- Debuxar libremente con distintos materiais (ceras, rotuladores, pinturas, xices...).
- Recortar cos dedos diferentes tipos de papeis.
- Lerlles contos todos os días.
- Aproveitar todas as circunstancias para traballar as matemáticas: subir escaleiras numerándoas, contar pinzar, xoguetes..., poñer a mesa contando os cubertos, identificar números en contos, xogar ao dominó, mirar o día no calendario...
- Xogade a buscar letras en xornais, revistas, catálogos...
- Aproveitar o bo tempo e o aire libre para perfeccionar o seu dominio corporal ( correr, saltar, andar en bici, patinar...).
- Aproveitar viaxes en coche para xogar a "veo, veo", "palabras que empecen por a,e, i"...
- Manter os hábitos traballados: vestirse sós, recoller os seus xoguetes, comer sós,....
- Dádelles responsabilidades como: poñer a mesa, recoller, axudarvos a escribir a lista da compra...

Aquí vos deixamos varios enlaces con "máis deberes" para o verán que nos gustan moito:

DEBERES DUN PROFESOR ITALIANO AOS SEUS ALUMNOS/AS

ESTOS SÍ SON DEBERES DE VERÁN


Desfrutade moito deste tempo e calqueira dúbida poderei aclarala a través do blogue ou do correo electrónico: alvarinasgomez@edu.xunta.es

FELIZ VERÁN PARA TODOS/AS!!!!!

3 comentarios:

  1. Un enlace muy interesante el del profesor italiano. Feliz verano para ti y para todos. Lucía y su mami Mónica

    ResponderEliminar
  2. Igualmente para vosotros familia!!!!
    Disfrutad mucho del tiempo libre juntos y del verano.
    Besos!!!

    ResponderEliminar
  3. P.D. Seguid pendientes del blog porque me faltan cosillas por colgar, sobre todo de los últimos días.

    ResponderEliminar